Toda a información da primeira reunión da comisión de seguimento do Acordo de medidas de mellora

O 9 de xaneiro de 2024 quedou constituída a comisión de seguimento do acordo. Na primeira reunión tratáronse varios temas cruciais para a xestión e o desenvolvemento dos aspectos contidos no acordo que afectan a centros e a administración educativa.

A Xunta de Galicia perpetúa o bloqueo do aboamento da paga de antigüidade e complementos

A Xunta de Galicia confirmou que non se aboará a paga de antigüidade nin os complementos por coordinacións e xefaturas de departamento aos traballadores e traballadoras do ensino concertado en 2024. A pesar das demandas de CCOO para eliminar o artigo 57 da LEI 9/2023 e establecer unha partida orzamentaria para estas pagas, a Xunta mantén a súa postura.