Previsión das datas de realización de procesos selectivos de persoal funcionario do grupo C2 (Aux. Administrativo), e de persoal laboral do grupo IV-00

Publícase a previsión das datas  e lugares nos que esta previsto que se realicen os procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada polo covid-19.  Ditos procesos poderán celebrarse en distintas sedes  e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e  polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda … Ler máis

CCOO ENSINO mantén a postura trasladada a Saúde Pública de permitir recibir a 2ª dose de AstraZéneca a toda a persoa que así o solicite

Ante a posibilidade de incoluar con Pzifer como 2ª dose ás persoas que recibimos a 1ª dose de AstraZéneca, para completar o proceso de vacinación, CCOO ensino manifestamos a postura que trasladamos a Saúde Pública e que coincide coa opinión da propia Consellería de Sanidade, que é aplicar a directriz da EMA e completar a inmunización coa mesma vacina

CCOO esixe o aumento das contratacións no sector educativo para garantir a presencialidade segura nas aulas

O sindicato pide que o vindeiro curso se garanta a presencialidade segura en todas as etapas educativas, respectando as medidas de seguridade e saúde, o que implica manter as contratacións realizadas como consecuencia da pandemia e aumentar o número de docentes nas etapas educativas que se impartiron nunha modalidade semipresencial. Isto suporía sobre 2000 postos de emprego en Galicia.

 

Toda a información sobre a Mesa Sectorial do 18 de maio

Nesta mesa tratáronse os seguintes documentos: Decreto XX/2021, do __ de ____, polo que se crea o Centro de Innovación Educativa e Dixital Borrador de Decreto XX/2021, do X de XXXXXX, polo que se crea o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional RESOLUCIÓN do __ de ____________ de 2021 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2021/22 … Ler máis

Fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2020 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e convocatoria do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2020 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.