Convocatoria extraordinaria de cursos de formación na EGAP (para persoal laboral)

  • O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de maio de 2021.
  • As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.