Xuntanza Mesa Xeral do 12 de maio

O 12 de maio de 2021, celebrouse, por videoconferencia, sesión ordinaria da Mesa Xeral de Empregados Públicos onde se debatía o borrador de “Acordo Do Consello da Xunta de Galicia polo que se actualiza o importe previsto no parágrafo noveno do artigo 26 bis do Decreto 144/2001, de 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia”.

Neste acordo proponse actualizar a cantidade de 25 € que viña percibindo o persoal que efectúa labores de auxilio aos tribunais na consellería competente en materia de educación, en atención a súa peculiaridade. Esta cantidade pasa a ser de 35 €.

Dende CCOO vemos adecuada esta modificación aínda que desde o noso punto de vista, e despois de levar máis de 10 anos sen ser actualizada, consideramos que a cantidade quédase curta e que se debería facer un esforzo para que esa cantidade se vexa incrementada.

CCOO, aproveitando a modificación puntual do decreto ao que se fai referencia considera que, e aínda que non sexa tema de debate na mesa actual, se debería abrir unha mesa de negociación entre as Organizacións Sindicais e Función Pública para modificar o decreto en máis profundidade e debater sobre os seguintes temas:

1º Actualización das axudas de custo en territorio nacional

2º Actualización das asistencias por participación en tribunais de oposición ou concurso, así como das cantidades de asistencia do persoal que realice tarefas de auxilio aos tribunais encargados da selección do persoal.

3º Establecer un criterio aleatorio de selección do persoal que realice tarefas de auxilio (Xefatura de porta, Vixilancia, Incidencias, etc.) para que todos os empregados públicos da Xunta de Galicia poidan acudir e beneficiarse da asistencia como persoal de auxilio as diferentes probas que a Administración pública celebra para a selección do seu persoal.