Bases que rexerán nos procesos selectivos de funcionarización do persoal laboral fixo dos grupos C2 e AP.-
Neste punto o voto de CCOO foi A FAVOR porque as bases que se propoñen son as mesmas que xa se utilizaron para o proceso de funcionarización convocado o ano pasado e que se amosaron axeitadas posto que o proceso se desenvolveu con normalidade. Por outra banda, foron aceptadas moitas das nosas alegacións que ían no sentido de incluír aqueles postos que por erro ou omisión non foran incorporados ao Anexo de postos a ofertar.
Aínda así, quixemos deixar constancia do seguinte:
▪Que se poida modificar o anexo de equivalencias do Decreto de Funcionarización para incluír aquelas titulacións que fosen necesarias de xeito que ningún traballador ou traballadora quede excluído da posibilidade de optar á funcionarización.
▪ Que deberían incluírse os todos os postos derivados de sentenzas xudiciais firmes de recoñecemento de fixeza ou da condición de persoal laboral fixo.
Información facilitada pola DXFP a preguntas dos sindicatos.-
-
▪ A convocatoria para a elección de destino dos participantes na promoción interna das categorías laborais do SPIF publicarase no DOG o vindeiro 21 de maio de 2021. A toma de posesión adíase ata o 1 de outubro de 2021.
-
▪ As bases das convocatorias das escalas de finanzas (superior e técnica) irán á Comisión de Persoal da próxima semana.
-
▪ Procesos selectivos pendentes: están pendentes da súa autorización polas autoridades sanitarias. É unha cuestión de días e en canto a teñan enviarán un documento ás organizacións sindicais coas datas e lugares de celebración.
-
▪ Tamén se preguntou pola convocatoria das escalas sanitarias deste ano e dos anteriores pero non obtivemos contestación e o mesmo sucedeu ao preguntar pola previsión dos concursos de escalas e corpos especiais (lembrar que non hai moito enviaron as bases do concurso de finanzas e veterinarios).