Retómase a vacinación dos colectivos esenciais
- A partir do luns, 10 de maio, retomarase a vacinación do persoal que traballa nos centros educativos. Na actualidade, os maiores de 60 anos deberan estar vacinados. Os menores de 59 anos serán chamados nas vindeiras tres semanas e vacinaranos con Pfizer ou Moderna (e, se o permiten, tamén con Janssen). Os maiores de 60 que están pendentes da segunda dose recibirán AstraZeneca nas 12 semanas previstas. A todo o persoal menor de 59 anos que recibiu a primeira dose de AstraZeneca esperarase un mes máis (co cal, será ás 16 semanas como pronto) para administrarlle a segunda dose, pero NON ESTÁ DECIDIDO con que vacina.
