O día 29 de abril, celebrouse por videoconferencia a Comisión de Persoal, na que se tratou como único punto na orde do día:
Anteproxecto da Orde pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no referente aos artigos 80 e 81 de dita orde.
Tras as alegacións presentadas ao borrador do anteproxecto presentadas por CCOO, a Consellería de Educación aceptou modificar ou retirar do texto aqueles pontos que de ningún xeito se podían aceptar, tales como
- Participar na administración a este alumnado da medicación que non requira especialización profesional
- contribuir o seu coidado tanto dentro como fóra da aula foi sustituido por "dentro da aula cando resulte necesario".
- Acompañar na ruta escolar ao alumnado só se fará nos casos excepcionais en que resulte necesario.
- Suprimíuse tamén a obriga de colaborar nas actividades extraescolares nas que participe o/a alumn@.
- Aqueloutras que a Adminstración educativa lle poida encomendar no ámbito das súas competencias sustituíronse por : calquera outra de análogo contido ou que teña relación coas funcións anteriores.
- Cambiouse a rateo inicial de 1/7 por 1/6, máximo, tendo en conta as necesidades de atención do alumnado.
Non se atenderon as solicitudes de:
- Eliminar o apartado que establece que o auxilar coidador debe realizar os cambios e o control postural que ese alumnado necesite.
- Que figure que nos tempos de recreo, xogo e lecer será responsable o profesorado, tal e como aparecía no Convenio de orixe do persoal coidador
- Tampouco se aceptou que as actividades complementarias sexan "as incluídas na programación xeral do centro "
- Que a rateo máxima fose de 1/5
Por todo iso a postura de CCOO foi a ABSTENCIÓN.