Continuamos na defensa da Univesidade pública: concentración o mércores 2 de xuño ás 11:00 horas nos sete Campus
A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública volve facer público o seu rexeitamento á creación dunha universidade privada na Galiza
As organizacións sindicais, profesionais e estudantís que conformamos a Plataforma Galega reafirmamos a nosa crítica ao proceso iniciado polo goberno Feijóo, en contra das tres universidade públicas que conxuntamente se pronunciaron na defensa do carácter público dos estudos superiores
O mércores 2 de xuño as 11:00 horas, convocamos concentracións nos 7 Campus:
- Santiago de Compostela: concentración diante da Reitoría da USC, Praza do Obradoiro
- Lugo: concentración diante da Biblioteca Intercentros, rúa Bernardino Pardo Ouro
- A Coruña: concentración diante da Facultade de Informática, Campus Universitario de Elviña
- Ferrol: concentración diante da Vicerritoría de Ferrol, UDC, rúa Doctor Vázquez Cabrera
- Vigo : concentración diante da Reitoría da Universidade de Vigo, As lagoas, Marcosende
- Pontevedra: concentración diante da Facultade de Ciencias Sociais, Campus Universitario da Xunqueira
- Ourense: concentración diante da Facultade CC Educación e Facultade de Historia, Campus As Lagoas, Edificio de Ferro