Sanidade chamará ao persoal dos centros educativos para a segunda dose en breve cumprindo coa pauta de 16 semanas

  • Será obrigatorio asinar o consentimento informado tanto se a persoa decide que se lle vacina con AstraZeneca ou con Pfizer 
  • Cada persoa recibirá un SMS coas ligazóns a dous consentimentos informados. Desde CCOO ensino recomendamos levalo asinado ao fin de axilizar o proceso ( Consentimento Informado AstraZeneca  Consentimento Informado Pfizer ) aínda que se poderá asinar no centro hospitalario correspondente.
  • Vacinarase na área sanitaria onde se administrou a primeira dose.

 

Toda a información sobre a mesa Sectorial do 27 de maio

  • A Consellería ten previsto publicar en DOG o dia 4 de xuño a composición dos tribunais así como convocar reunións coas persoas que ostenten a presidencia os días 1 e 3 de xuño.
  • Asemade confirmou que xa teñen destinado para o curso 2021/22 dun fondo especial ªCOVIDª para adquisición de material hixiénico (máscaras, xeles hidroalcólicos, sinalización, etc).