CCOO ENSINO mantén a postura trasladada a Saúde Pública de permitir recibir a 2ª dose de AstraZéneca a toda a persoa que así o solicite

Ante a posibilidade de incoluar con Pzifer como 2ª dose ás persoas que recibimos a 1ª dose de AstraZéneca, para completar o proceso de vacinación, CCOO ensino manifestamos a postura que trasladamos a Saúde Pública e que coincide coa opinión da propia Consellería de Sanidade, que é aplicar a directriz da EMA e completar a inmunización coa mesma vacina

CCOO esixe o aumento das contratacións no sector educativo para garantir a presencialidade segura nas aulas

O sindicato pide que o vindeiro curso se garanta a presencialidade segura en todas as etapas educativas, respectando as medidas de seguridade e saúde, o que implica manter as contratacións realizadas como consecuencia da pandemia e aumentar o número de docentes nas etapas educativas que se impartiron nunha modalidade semipresencial. Isto suporía sobre 2000 postos de emprego en Galicia.