Publícase a previsión das datas e lugares nos que esta previsto que se realicen os procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada polo covid-19.
Ditos procesos poderán celebrarse en distintas sedes e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocadas. As tres sedes poderán ser:
- SILLEDA: Feira Internacional de Silleda, Recinto Feiral, s/n – 36540 Silleda
- VIGO: IFEVI. Avda. do Aeroporto, 772. 36318 Vigo
Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas as persoas aspirantes poderán comprobar na páxina Web da Dirección Xeral da Función Pública, tanto o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada, a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas. Non se permitirá cambio ningún de sede.
A celebración de ditos procesos conta coa autorización provisional de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia.
Proceso selectivo | Prazas convocadas | Nº. aspirantes | Data exercicio | Nº exercicio | Hora chamamento | Lugar | Pavillón |
C2 Aux. Administrativo | 319 | 9876 | 20.06.2021 | 1º | 8:50h/9:15h | Silleda | 1 e 2 |
16:20h/16:45h | Vigo | 1,2 ou 3 | |||||
G. IV cat 001 | 22 | 180 | 20.06.2021 | 1º |
8:50h
16:20h |
Silleda | 1 e 2 |