CCOO-Ensino denuncia un novo desprezo á representación das traballadoras e traballadores por parte da Consellería de Educación

A Consellería fai oficial a súa postura canto á celebración das oposicións do ano 2020 a través dos medios de comunicación sen previa comunicación aos representantes das traballadoras e os traballadores.

ACTUALIZACIÓN: Ao cabo, ao final da xornada, o Ministerio de Educación e Formación Profesional emite un comunicado no que manifesta a falta de acordo pero non aclara a posición da comunidade autónoma.

 

CCOO reclama que se garanta a saúde e o benestar das persoas traballadoras e usuarias do sector de atención a persoas con discapacidade

Ante a incidencia do coronavirus nas residencias, pisos tutelados, servizos de axuda no fogar e asistencia persoal, CCOO, xunto con UXT e as patronais do sector de atención a persoas con discapacidade, esixen a dotación de material de protección individual e a realización de tests a todos os cadros de persoal dos centros con casos sospeitosos e nos servizos que están a prestar.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o de Universidades e as comunidades autónomas acordan cambios no calendario e nas probas de acceso á Universidade (ABAU)

A proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade ( ABAU) celebrarase entre o 22 de xuño e o 10 de xullo en convocatoria ordinaria e antes do 10 de setembro en convocatoria extraordinaria.

Tamén acordaron suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e as CCAA acordan flexibilizar as prácticas e o calendario escolar para que os estudantes de FP superen o curso

Segundo comunica o Ministerio: "garantirase que todos os estudantes de Formación Profesional poidan finalizar o seu curso académico e lograr a titulación e adoptaranse medidas de flexibilización das datas, forma e duración da  FCT, así como a integración da  FCT co módulo de Proxecto, que incluirá aspectos relativos ao exercicio profesional"