Ante a noticia recollida nun medio de comunicación, CCOO púxose en contacto inmediatamente co Goberno, que desmentiu que se estea a pensar ese recorte
Desde CCOO, queremos facer un chamamento de tranquilidade aos máis de tres millóns de empregadas e empregados públicos, que teñen garantidos os seus empregos, as súas condicións de traballo e os seus salarios.
Unha vez máis, ponse de manifesto a necesidade de ter uns servizos públicos como garantía de calidade da prestación que require e necesita a nosa sociedade.
Por último, denunciamos que, con noticias falsas, queren poñer en cuestión o encomiable labor das empregadas e empregados públicos, que en moitos casos están xogando a vida por salvagardar as nosas.