Con data de 24 de marzo, demandámoslle á Consellería que se reactivase o sistema de substitucións do profesorado, dado que a actividade continúa de modo telemático e, ao igual que no formato presencial, o alumnado ten que ser atendido de modo diario.
Ante a falta de resposta da Consellería, na última xuntanza coa ministra, CCOO demandou, ao mesmo tempo que se fai noutros sectores, unhas instrucións conxuntas para reactivar o sistema de substitucións.
Non abordar unha solución para este colectivo terá dúas consecuencias: a primeira, unha precarización maior do colectivo; a segunda, o abandono da teleformación dunha parte importante do alumnado, o que afondará aínda máis, se cabe, a fenda social que está a provocar esta crise sanitaria.