Sempre segundo manifesta o medio de comunicación “oficial” do Goberno galego, manterase a celebración das oposicións neste ano se se levanta o estado de alarma o vindeiro día 11. CCOO considera impresentable que o anuncio se faga a traves da súa “gaceta oficial” e que non se mencione na web da Consellería.
CCOO xa manifestara anteriormente a súa posición sobre a celebración das oposicións neste curso e lamenta que a Consellería, unha vez máis, ignore os representantes das traballadoras e os traballadores, como leva facendo de xeito reiterado desde que se iniciou esta crise sanitaria.