CCOO reclama que se garanta a saúde e o benestar das persoas traballadoras e usuarias do sector de atención a persoas con discapacidade

Ante a incidencia do coronavirus nas residencias, pisos tutelados, servizos de axuda no fogar e asistencia persoal, CCOO, xunto con UXT e as patronais do sector de atención a persoas con discapacidade, esixen a dotación de material de protección individual e a realización de tests a todos os cadros de persoal dos centros con casos sospeitosos e nos servizos que están a prestar.