CCOO Ensino expresa o seu rexeitamento ao modo de actuar da Xunta de Galicia ante a crise do COVID-19
Este sindicato apoiará todas as medidas destinadas a favorecer a contención dos contaxios. Pero isto debe facerse con orde e sensatez, xa que o anuncio feito polo presidente en conferencia de prensa só consegue alimentar a alarma social e provocar un forte malestar, xa que non se aclara como organizar o servizo educativo.
