O Ministerio de Educación e Formación Profesional e as CCAA acordan flexibilizar as prácticas e o calendario escolar para que os estudantes de FP superen o curso
Segundo comunica o Ministerio: "garantirase que todos os estudantes de Formación Profesional poidan finalizar o seu curso académico e lograr a titulación e adoptaranse medidas de flexibilización das datas, forma e duración da FCT, así como a integración da FCT co módulo de Proxecto, que incluirá aspectos relativos ao exercicio profesional"
