CCOO, UGT e USO chamamos á rectificación da CIG na campaña de sinaturas para o convenio de infantil 0-3

Ante o comunicado enviado pola CIG ás traballadoras do sector das Escolas Infantís na véspera do comezo da campaña de recollida de sinaturas, desde CCOO, UGT e USO defendemos a continuidade da unidade sindical e apostamos por continuar traballando arreo polas traballadoras do sector co fin de superar canto antes este bloqueo e conseguir dignificar as condicións laborais.

CCOO mantén a firmeza fronte ás propostas patronais na negociación do convenio de Infantil 0-3

Na reunión celebrada onte, 15 de xaneiro, as patronais reafirmaron as súas propostas canto a retribucións e incapacidade temporal (IT). Con respecto a este último punto, é importante recordar que CCOO xa o cualificara como moi negativo anteriormente, argumentando que representa un recorte na única mellora introducida polo convenio colectivo, sen xustificación ningunha.

Continúa a loita pola dignidade e os dereitos laborais na educación infantil 0-3

Nunha nova demostración de forza e unidade, centos de traballadoras de educación infantil 0-3 tomaron as rúas de Vigo e A Coruña hoxe, reivindicando mellores condicións laborais e salarios xustos. Esta xornada de protesta, que continuou a desenvolverse baixo o lema "Por un convenio digno e salarios xustos. Polo desbloqueo das negociacións", marca un punto culminante nunha serie de mobilizacións que veñen celebrándose dende xuño.