Cadros resumo dos horarios nas distintas etapas educativas (INFORMACIÓN OBSOLETA)

CCOO Ensino pon á túa disposición os seguintes cadros resumo da distribución da túa xornada laboral segundo a etapa na que traballas como docente.

Totalmente actualizados con toda a normativa vixente!

Para que teñas toda a información á hora de revisar o teu horario.

Retribucións do PAE

Velaquí podes consultar a revista TE con todas as retribucións do PAE, actualizada coa última suba retroactiva do 2,5 % de 2025 e co 1,5 % de 2026, froito do Acordo Marco 2025-2028, asinado por CCOO. Podes tamén consultar os cadros de retribucións para persoal funcionario e para persoal laboral. Persoal funcionario Persoal laboral

Convocatoria do Programa PROA+ para os cursos 24-25 e 25-26

Publicada a Resolución do 4 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+) nos centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e … Ler máis

O “Acordo de medidas de mellora” frea en seco a eliminación de aulas de infantil e primaria

Tras a publicación, o día 21 de agosto de 2024, no DOG da Orde do 2 de agosto pola que se modifican as unidades e postos de traballo docente para o curso 2024/25, as organizacións asinantes do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do profesorado galego, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, queremos deixar constancia de que, grazas ao seu asinamento, … Ler máis