Xuntanza da comisión de seguimento da carreira profesional (PSEC)
Na xuntanza celebrada o día 17 de febreiro de 2023, a comisión de seguimento da carreira profesional tratou as cuestións que se poden consultar no infórmaTE en PDF.
Na xuntanza celebrada o día 17 de febreiro de 2023, a comisión de seguimento da carreira profesional tratou as cuestións que se poden consultar no infórmaTE en PDF.
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, convocados mediante a Orde do 19 de outubro de 2022. Procedemento de reclamación: interposición de recurso de reposición na sede electrónica utilizando o código de procedemento: ED001B ou mediante solicitude xenérica (en caso de non aparecer na listaxe … Ler máis
Na vindeira Mesa Sectorial do xoves 2 de marzo tratarase o PROXECTO de addenda ao Acordo de Interinos, para adaptalo á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e á Lei Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional.
É imprescindible visibilizar as mulleres referentes do sector e impulsar unha coeducación científica realmente transversal para, deste xeito, incrementar a presenza das mulleres na investigación, porque a ciencia e a innovación son liñas estratéxicas imprescindibles para conseguir un mundo máis xusto, solidario e igualitario.
A Federación de Ensino de CCOO reclama máis recursos para poder facer efectiva esa coeducación e a presenza dunha figura que, en igualdade e coas horas de dedicación que esta actividade esixe, poida realizar as funcións necesarias para o seu desenvolvemento e o do colectivo que integra.
Proxecto de Orde de Educación Infantil
Proxecto de Orde de Educación Primaria
Dende o día 7 ao 27 de febreiro de 2023 atópanse publicados no portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia, en prazo de envío de suxestións.
A administración debería levalos a Mesa Sectorial antes da súa aprobación.
CCOO alcanza un acordo co Ministerio de Traballo para subir o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) ata os 1080 € en catorce pagas, un aumento do 8 %.
Co Acordo salarial asinado por CCOO, na nómina de xaneiro cobraremos un 2,5% máis que na de decembro.
CCOO asinou un acordo co goberno central para o período 2022-2024 que supón un incremento retributivo total do 9,8 %.
Convocado procedemento, aberto ata o 19 de xaneiro de 2026, para que o profesorado do corpo de PTFP que saque unha titulación universitaria se poida acoller á equiparación ao corpo de Secundaria.