Publicada a listaxe de admitidos/as e excluídos/as da integración no corpo de Secundaria do PTFP

Actualización do 8 de marzo de 2023 ás 21:33:

Engadido un novo anexo á resolución:

‌ Relación provisional de persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional en situación de servizo activo dende o 19/01/21 e con anterioridade ao 10/11/22 e nomeado funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario con anterioridade ao 19/01/21.

Publicada a resolución provisional do CXT do departamento de Orientación do corpo de Mestres

Publicada na web da Consellería a resolución provisional do Concurso Xeral de Traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

‌ Na web da consellería

CCOO denuncia a posible vulneración da negociación colectiva e a falta de transparencia na creación do complemento salarial para o PTFP

No Consello da Xunta de 2 de marzo, aprobouse un complemento salarial específico para compensar a 665 docentes do corpo Profesores Técnicos de FP que non poden integrarse no corpo de Profesorado de Ensino Secundario (PES). CCOO Ensino congratúlase por iso, pero déixase a súa sorte a outros colectivos. Ademais, a negociación das condicións salariais ten o seu ámbito na Mesa Sectorial e os interlocutores son as organizacións sindicais.

CCOO Ensino denuncia que non se pretenda estender o dereito ao complemento salarial ao profesorado interino con carácter retroactivo, como vai suceder co profesorado de carreira. Tampouco se estende aos compañeiros do corpo de sectores singulares da FP, nin ao profesorado xubilado despois de xaneiro de 2019.

Finalmente, CCOO Ensino reclama que tal complemento salarial sexa tamén extendido ao resto de persoal docente que permanece aínda en grupo A2.

‌ Nota de prensa

Xa podes participar na segunda edición do Barómetro Internacional de Saúde e Benestar do Persoal Educativo

A Internacional da Educación, en colaboración coa Rede Educación e Solidariedade e a cátedra Unesco de Educación e Saúde, puxeron en marcha en 2021 o primeiro Barómetro Internacional de Saúde e Benestar do Persoal Educativo. Este ano lánzase a segunda edición deste Barómetro na que participarán 13 países, entre eles España (coordinado pola Federación de Enseñanza de CCOO).

‌ Folla de man asociada

‌ Cuestionario anónimo