Listaxe definitiva de admitidos/as no concurso de méritos extraordinario de estabilización

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, convocados mediante a Orde do 19 de outubro de 2022.

‌Procedemento de reclamación: interposición de recurso de reposición na sede electrónica utilizando o código de procedemento: ED001B ou mediante solicitude xenérica (en caso de non aparecer na listaxe de admitidos nin rexeitados).

‌Prazo para interpor recurso de reposición: 1 mes