No DOG núm. 247, do 29 de decembro fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia.
O 13 de xaneiro de 2023 rematou o prazo establecido para presentar reclamacións. Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, a Dirección Xeral da Función Pública divulga as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.