Novidades nos partes de baixa a partir do 1 de abril de 2023

  • A persoa traballadora non terá que presentar parte de baixa, alta nin confirmación á empresa a partir do 1 de abril de 2023 por baixas inferiores a un ano. A empresa ou a mutua realizarán as xestións oportunas de maneira telemática e inmediata coa Seguridade Social.
  • Real Decreto 1060/2022, de 27 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración
  • Toda a información, en PDF

Recordatorio importante para o colectivo mutualista

A partir do 1 de xaneiro, e durante todo o mes de xaneiro, os e as mutualistas que así o desexen poderán solicitar o cambio de entidade sanitaria, tanto se deciden adscribirse aos servizos públicos de saúde como ás entidades aseguradoras incluídas no Concerto de Asistencia Sanitaria: Asisa, DKV e SegurCaixa Adeslas. O cambio pode realizarse en calquera sentido.

Desde 2022 xa non se contempla o segundo período de cambio ordinario, que tiña lugar no mes de xuño.

Mesa sectorial 15 de decembro

  • A Consellería anuncia ás organizacións sindicais que ten a intención de publicar en DOG o anuncio da convocatoria do concurso oposición do curso 2023 o día 22 de decembro.
  • O prazo de solicitudes sería entre o 10 e o 30 de xaneiro.