Suba salarial de xaneiro de 2023

O acordo estableceu un incremento dun 1,5 % sobre a suba salarial aplicada en 2022 que, tras as xestións de CCOO coa Consellería, puideches cobrar no pasado mes de novembro e, ademais, con carácter retroactivo desde xaneiro de 2022, aspecto novidoso con respecto a outros acordos. Consolidamos así un incremento do 3,5 %.

Nese mesmo acordo, recóllese que no primeiro mes de 2023 se incrementaría un 2,5 % fixo. Isto farase efectivo xa na nómina que recibirás nos vindeiros días de xaneiro. Na seguinte táboa podes observar a diferenza que haberá nas nosas nóminas entre xaneiro de 2022 e 2023:

O acordo tamén inclúe a subida doutro 1 % variable, dependente dos obxectivos do IPC e do PIB, que se revisarán no terceiro trimestre de 2023:

  • Primeiro 0’5% de 2023: no caso de que o IPC de 2022 e 2023 supere a suma dos incrementos salariais nominais pactados nos dous anos (7%). Resulta unha certeza a súa consecución.
  • Segundo 0’5% de 2023: ligado á evolución do PIB nominal, que ten en conta a inflación. Isto resulta máis complicado de predecir que o anterior, pero con gran probabilidade de logralo cos datos que manexamos na actualidade.

Desta forma en setembro deste ano volveremos a ter outra suba salarial entre o 0,5% e o 1%. Esta vez, con carácter retroactivo dende xaneiro.

Ademais, en xaneiro de 2024 haberá un novo incremento do 2,5%.

O acordo asinado por CCOO compromete as subas fixadas ao goberno futuro, aínda mantendo un contexto de incerteza económica.

 

CCOO ensino traballa por

un sindicalismo útil, acadando melloras,

goberne quen goberne.

 

 

CCOO consegue acordos de subidas salariais

incluso en época de crise, goberne quen goberne.

 

 Documento en PDF