Ensino Privado
Negociación do XVI convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade
Constátase, unha vez máis, o escaso interese da patronal pola negociación colectiva.
CCOO mobilízase ante o CAD Souto de Leixa (Ferrol) ante a vaga de despedimentos
Mobilización en Ferrol das organizacións sindicais CCOO, CIG e UGT fronte ao Centro de Atención a Discapacitados Souto de Leixa, en protesta polos cinco despedimentos levados a cabo pola Dirección nas últimas datas.
Apoio masivo á folga e manifestación por un convenio digno en Educación Infantil 0-3
Éxito da convocatoria de folga cun 80% de seguimento nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta de Galicia.
CCOO fai valer a sua maioría no sector coa presenza de centos de afiliadas, delegadas e simpatizantes que se fixeron escoitar nas rúa de Santiago de Compostela e ás portas da Patronal.
Asínase o IV convenio colectivo de centros especiais de emprego de Galicia
No día de hoxe, despois de oito xuntanzas de negociación, asinamos o IV Convenio de CEE en Galicia, que terá vixencia ata o ano 2025. Un acordo que cumpre coa meirande parte das expectativas e obxectivos que CCOO se propuxo ao comezo desta negociación.
Foi CCOO quen desde o comezo da negociación, construíndo unha plataforma e presentándoa no tempo acordado, volcouse na defensa dos intereses deste colectivo, acadando finalmente un acordo favorable que poida ser aplicado canto antes.
Sobre esta plataforma traballouse durante toda a negociación, quedando de manifesto, unha vez máis, que somos CCOO os que asumimos maior responsabilidade e implicación coas persoas traballadoras que forman parte deste sector.
Os detalles do acordo, no infórmaTE
Folga e manifestación por un convenio digno
Xoves, 29 de xuño, xornada de folga para todo o sector das escolas infantís.
Manifestación o xoves, 29 de xuño, ás 11:30. Na Alameda, en Santiago de Compostela.
POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS!
NON AO BLOQUEO DAS NEGOCIACIÓNS!
