O persoal da concertada en pago delegado verá proximamente un aumento retroactivo do 0,5% nas súas nóminas, debido ao Acordo Marco asinado por CCOO. A espera da publicación do IPCA, que pode superar o 6%, podería haber un incremento adicional para 2023, suxeito ao crecemento do PIB español. En 2024, prevese outro aumento do 2% e posiblemente un 0,5% adicional. CCOO pedirá tamén a aplicación destes incrementos ao profesorado de pago directo, ao persoal complementario e ao de administración e servizos.
CCOO mantén o seu compromiso con un sindicalismo útil e rigoroso para a clase traballadora.