Segunda xornada de folga e manifestación na educación infantil 0-3

Despois do éxito da primeira convocatoria o pasado xoves, convocamos a segunda xornada das catro previstas:

FOLGA e manifestacións o mércores 25 de outubro

POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS!

NON AO BLOQUEO DAS NEGOCIACIÓNS!

‌ Comunicado das organizacións sindicais convocantes

 Vídeo de convocatoria da folga

Mobilización masiva en educación infantil 0-3: éxito na primeira das catro xornadas de folga e manifestación

Un clamor de unidade e determinación resoou nas rúas de Vigo e A Coruña. As traballadoras da educación infantil 0-3 deron inicio á primeira de catro xornadas de folga e manifestación, nun esforzo continuado por alcanzar un "convenio digno".

Estas mobilizacións, que suceden ás xornadas de protesta de xuño, resaltan a constante intransixencia das organizacións patronais, que evitan a negociación e manteñen unha posición inmobilista.

A pesar das condicións climáticas adversas e dos servizos mínimos abusivos, o chamamento tivo un rotundo éxito, cunha participación do 80%.

Esta unidade vaise manter viva con plans de acción futuros, incluíndo unha gran mobilización en Madrid o vindeiro 28 de outubro.

CCOO Ensino reclama a necesidade de retomar a vía do diálogo e da negociación no ensino concertado

Solicitamos información sobre a regularización de horas en pago delegado e retomar a negociación en Mesa Tripartita por considerar insuficiente o Acordo de Mantemento de Emprego, sendo moitos máis os reclamos do sector.

O pasado 9 de outubro presentamos no rexistro a petición para ser recibidos pola Dirección xeral de centros e RR. HH. da Consellería para tratar estas cuestións.

‌ Petición presentada no rexistro

Por un convenio digno e salarios xustos. Folga e manifestacións na Educación Infantil 0-3

FOLGA e manifestacións o xoves, 19 de outubro, ás 12:00

POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS!

NON AO BLOQUEO DAS NEGOCIACIÓNS!

‌ Comunicado das organizacións sindicais convocantes

 Vídeo de convocatoria da folga

Táboas salariais do ensino non regrado 2023

O pasado mes de xullo, CCOO asinaba as táboas salariais para 2023. Os aspectos máis relevantes son os seguintes:

  • Incrementos das retribucións entre un 3,75 % e un 8 % sobre todos os conceptos retributivos.
  • Retroactividade desde o 1 de xaneiro de 2023.
  • Incremento do 8 % para os postos de traballo vinculados ao salario mínimo interprofesional (SMI), ata chegar aos 15 120 euros anuais para 2023. Cómpre sinalar que, para acadar o SMI, ten que sumar o salario base e o complemento de dedicación, o que supón a imposibilidade de absorción de calquera outro complemento salarial.
  • Incremento adicional de 300 euros anuais no salario base (+5,71 % do salario base en total) aos catro postos de traballo para os que se esixe maior titulación e sobre os que recae directamente a maior responsabilidade educativa: profesor/a titular, profesor/a de taller, educador/a social e titulado/a non docente.

É importante salientar que as ditas táboas salariais aínda non están publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) e que, polo tanto, as empresas poden non actualizar os salarios mentres non se publiquen. Unha vez realizado este trámite, disporán dun prazo de dous meses, desde a publicación, para facer efectivos os atrasos que en cada caso poidan corresponder.

‌ infórmaTE: táboas salariais 2023

Toda a información sobre a reunión no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) do 2 de outubro (Discapacidade)

O pasado 28 de xuño, CCOO solicitou unha mediación na negociación do convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade debido á falta de progreso e á resistencia patronal a implementar melloras para os traballadores.

Froito da reunión mantida o 12 de xullo, retomáronse as conversas o 2 de outubro no SIMA. As organizacións patronais continuaron ignorando a negociación.

Tras a intervención do mediador, acordouse programar reunións específicas:

  • 27 de outubro. Táboas salariais dos centros educativos concertados e non concertados, permisos, artigo 35 e horario nocturno.
  • 8 de novembro. Contratación e clasificación profesional.
  • 23 de novembro. Artigo 29 e artigo 4.
  • 11 de decembro. Artigo 32 e incapacidade temporal.

CCOO urxe á patronal a actuar e colaborar na creación dun convenio que beneficie a máis de 200 000 persoas.

‌infórmaTE