DECEPCIÓN!!!

Non hai outro xeito de describir o estado de ánimo tras da xuntanza coa Administación.

10 PROPOSTAS XERAIS DE CCOO NO ENSINO CONCERTADO ANTE A TRAMITACIÓN DA NOVA LEI EDUCATIVA

A Federación de Ensino de CCOO, ante a reactivación da nova lei educativa, expuxo as seguintes propostas en relación co ensino concertado: Aprobar, en cumprimento do mandato existente dende hai 14 anos polo art. 116.3 de LOE, un novo Real Decreto de concertos educativos que debería negociarse co sector e entrar en vigor durante o curso seguinte á aprobación da lei, … Ler máis

Comeza a negociación do VII Convenio da Concertada

Estamos a traballar para conseguir un convenio que dignifique as condicións laborais do conxunto de traballadores e traballadoras do Ensino Concertado, sen aceptar plantexamentos de renuncias como as que se asinaron no convenio en vigor.

Por iso presentamos a Plataforma reivindicativa froito de meses de traballo e das aportacións da afiliación  que recolle todo aquilo necesario para a mellora das condicións laborais das e dos traballadores da concertada. Velaquí podes ver un resumo coas reivindicacións máis salientables