CCOO esixe ao Ministerio de Educación un plan de emprego para asumir a redución de ratios de fronte ao novo curso

O sindicato estima que é necesario un incremento de docentes e persoal complementario para cumprir coas recomendacións sanitarias propostas polo Goberno central. Para iso propoñerá un Pacto Estatal que asegure a estabilidade laboral e a maior provisión de recursos humanos no sector.  Velaquí podes consultar mais información

 

BOLSAS DE AXUDA AO ESTUDO DOS FILLOS E FILLAS DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO ENSINO CONCERTADO

Lembrámosvos que, por acordo adoptado na Comisión negociadora do convenio o pasado 29 de abril, a comisión de bolsas non se constituirá ata a primeira semana de xuño. Polo tanto, non será ata entón cando se poidan iniciar os trámites para solicitar a dita axuda.  
En canto se inicie o proceso, remitirémosvos a información e documentación para que todas as persoas interesadas poidan realizar as solicitudes.

CCOO rexistra a petición de convocatoria da Mesa Estatal do Ensino Concertado

A Federación de Ensino de CCOO rexistrou o pasado 12 de maio petición de convocatoria con carácter de urxencia da Mesa Estatal de Ensino Concertado, onde todas as organizacións sindicais e patronais representativas do sector poidan acometer e acordar, xunto ao Ministerio de Educación, aquelas medidas que permitan establecer uns protocolos claros,  concisos e concretos de actuación nos centros educativos.

 

Aprazada a constitución da Mesa Negociadora do VII Convenio Colectivo de Concertada

O pasado 30 de xaneiro convocóusenos á reunión de Constitución da Mesa de Negociación do VII Convenio Colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos que se celebrou o 27 de febreiro na sede de Educación e Xestión. CCOO acudiu á devandita reunión cos certificados de representatividade sindical de todas as Comunidades Autónomas do Estado. … Ler máis

OS REPRESENTANTES SINDICAIS DO ENSINO CONCERTADO FORON RECIBIDOS POLA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN

Os representantes sindicais de FSIE, UGT, CCOO e USO foron recibidos pola conselleira de Educación, Dª Carmen Pomar Tojo. Despois de máis de seis meses intentando ser recibidos, e mediando unha expulsión policial da Consellería e un peche, o pasado 9 de xaneiro fomos recibidos, por fin, pola conselleira de Educación, que estivo acompañada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos e pola subdirectora xeral de Centros, nunha xuntanza na que non houbo concreción sobre os temas tratados e tras a que, de non haber movementos, non se descartan as mobilizacións.