Estamos a traballar para conseguir un convenio que dignifique as condicións laborais do conxunto de traballadores e traballadoras do Ensino Concertado, sen aceptar plantexamentos de renuncias como as que se asinaron no convenio en vigor.
Por iso presentamos a Plataforma reivindicativa froito de meses de traballo e das aportacións da afiliación que recolle todo aquilo necesario para a mellora das condicións laborais das e dos traballadores da concertada. Velaquí podes ver un resumo coas reivindicacións máis salientables