Ensino concertado
Recomendacións do Consello Escolar do Estado para o ensino concertado
O pasado día 29 de outubro, o Pleno do Consello Escolar do Estado aprobou o Informe 2019 sobre o estado do sistema educativo, no que se incorporaron unha serie de recomendacións no ámbito do ensino concertado por proposta de CCOO:
Denunciado o VI convenio do Ensino Concertado
A principios de 2020 constituirase a Mesa Negociadora na que a Federación de Ensino de CCOO abordará os problemas non resoltos polo convenio actual
Implantación do rexistro horario nos CENTROS CONCERTADOS
O pasado 23 de maio celebrouse unha reunión da Mesa Negociadora para abordar un tema especialmente complexo que seguirá sendo obxecto de debate en próximos encontros. CCOO entende que o rexistro de xornada resulta positivo para os traballadores e traballadoras no control dos seus dereitos e, por tanto, é imprescindible establecer unhas bases no marco da negociación colectiva que lles facilite … Ler máis
CCOO RECLAMA UN ACORDO DE XUBILACIÓN PARCIAL PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO
EN GALICIA, O PROFESORADO EN PAGAMENTO DELEGADO NON SE PODERÁ ACOLLER Á XUBILACIÓN PARCIAL
O pasado 5 de abril, a petición de CCOO, fomos recibidos pola subdirectora de centros e RRHH da Consellería de Educación.
A subdirectora confirmounos que a partir do 1 de xaneiro de 2019, a Consellería de Educación non acepta ningunha xubilación parcial do persoal en pagamento delegado nin están dispostos a negociar ningún acordo ao respecto. En consecuencia, o profesorado terá que traballar a xornada completa ata a súa xubilación aos 65 ou 67 anos, segundo os casos.
