A Federación de Ensino de CCOO denunciou o VI Convenio Colectivo do Ensino Concertado, xunto co resto das organizacións sindicais representativas do sector, coa intención de iniciar as negociacións que nos permitan mellorar as condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector.
CCOO ten especial interese, como única organización sindical con representación en todo o Estado que non subscribiu o convenio, en modificar un texto caduco e moi desfasado nos tempos que corren.
Unha vez finalizado o ámbito temporal do VI Convenio Colectivo, as organizacións sindicais e patronais representativas do sector procederemos a constituír a Mesa Negociadora a partir de xaneiro de 2020, na que CCOO trasladaremos aquelas propostas que formarán parte da nosa plataforma reivindicativa.
Desde a Federación de Ensino chamámosvos a participardes coas vosas achegas na nosa plataforma. Aspectos como xornada, horas lectivas/non lectivas, permisos retribuídos, desconexión dixital… adquiren especial relevancia diante dun convenio que non solucionou os problemas que realmente afectan aos máis de 130.000 traballadores e traballadoras que conformamos o ensino concertado.