A ACTUALIZACIÓN DAS NÓMINAS PARA DOCENTES EN PAGO DELEGADO SERÁ DUN 2% EN 2020. A INSISTENCIA DO SINDICATO DEU OS SEUS FROITOS E MILES DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO SECTOR VERANSE BENEFICIADOS

O novo Goberno de coalición dará cumprimento ao II Acordo para a mellora do emprego público e de condicións de traballo, que asinaban en marzo de 2018 o Ministerio de Facenda e CCOO no ámbito da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, na que non están presentes nin FSIE nin USO por non ter a  representatividade necesaria , e que supón importantes melloras salariais e laborais para máis de tres millóns de traballadores e traballadoras.

O pacto interanual subscrito hai dous anos prevía unha revisión progresiva dos salarios do persoal laboral e funcionariado das Administracións Públicas e así se ratificou e aprobado no Consello de Ministros e Ministras con intención de facela efectiva inmediatamente, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2020.

Estes  incrementos, que en tres anos representarían un mínimo dun 6,125%, afectan directamente ao persoal docente en pago delegado xa que CCOO asinou todos e cada un dos acordos sobre analoxía retributiva que permiten que as subas salariais se trasláden de modo automático ao sector do ensino concertado, tanto ordinaria como de educación especial.

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS