Mesa de negociación do VII Convenio de Ensino Concertado. Xuntanza do 13 de Outubro

CCOO expuxo os eixos prioritarios da nosa plataforma reivindicativa na primeira reunión da Mesa Negociadora, remarcando os aspectos relacionados coa xornada de traballo. Na súa quenda de palabra as organizacións patronais realizaron unha presentación, pouco menos que apocalíptica, do contexto actual da negociación, anticipando deste xeito os recortes laborais que pretenden implementar no novo convenio. En relación ás súas propostas, as diferenzas con CCOO son abismais:

 

 

Plataforma CCOO

  • Reducir a xornada laboral do PAS.
  • Anticipo do 0,8% para o PAS en 2020, a conta da súa retribución final que será do 2%.
  • Para o persoal docente, limitación e redución das horas non lectivas durante o mes de xullo. Só nos 5 primeiros días laborables e por un máximo de 30 horas.
  • Clarificación de xornada lectiva e non lectiva. Recreos lectivos en Infantil e Primaria así como a vixilancia dos mesmos en Secundaria.
  • Distribución regular da xornada non lectiva, en proporción á xornada lectiva.
  • Novo concepto de período lectivo para substituir ao de hora lectiva.
  • O dereito a percibir a PEA non prescribe mentres a Administración non proceda ao seu abono. 
  • Mantemento das axudas ao estudo.
  • Mellora das xubilacións parciais.

Plataforma Patronal 

 

  • Incrementar a xornada laboral do PAS.
  • Incremento do 0,8% para o PAS en 2020.
  • Considerar lectivo o mes de xullo.
  • Aumentar a xornada laboral do persoal docente ata as 1.300 horas anuais.
  • Nova regulación do réxime disciplinario.
  • Eliminación progresiva da PEA.
  • Supresión das axudas ao estudo
  • Inclusión da xubilación forzosa.

 

Expresadas as intencións patronais de seguir recortando dereitos, CCOO centrarase na defensa e mellora das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector dende o primeiro momento da negociación. A seguinte reunión quedou fixada para o próximo 27 de outubro.