FSIE PROFIRE GRAVES DESCUALIFICACIÓNS CONTRA CCOO

Desde a Federación Ensino de CCOO sempre fomos moi belixerantes coa LOMCE e, do mesmo xeito que FSIE, convocamos unha folga educativa no seu momento. Habemos argumentando, desde o respecto cos que non opinan como nós, para demostrar que a estrutura básica do ensino concertado coa que o sector medrou durante 35 anos non se ve alterada pola LOMLOE. Tamén expuxemos as nosas propostas laborais e xenerais para o sector do ensino concertado. Entón, a que veñen esas descualificacións?
Ademais, desde CCOO lembramos, ante as afirmacións de que a LOMLOE era a Lei educativa máis ideolóxica das 8 existentes, que a LOE só tivo o voto en contra do PP e a LOMCE o seu único voto a favor de todo o arco parlamentario.  
Resulta sorprendente que anden tan curtos de memoria e non se acorden de que xamais unha Lei educativa, como a LOMCE, provocara unha folga de rexeitamento de todas as organizacións sindicais do ensino público e concertado. Na súa convocatoria de folga do 24 de outubro de 2013, tras aprobarse no Congreso, FSIE dicía cousas como que: ?É absolutamente falso que sexa unha lei que favoreza ao ensino concertado e privado e moito menos aos seus profesionais, docentes e non docentes?; ?séguese tratando ao ensino concertado como subsidiaria da pública?; ? a LOMCE levará a redución de horarios e salarios ao modificarse as materias e os seus horarios e a nova estrutura provocará o peche de unidades e os seus correspondentes despedimentos?. Pero agora resulta que si foi unha boa Lei. En que quedamos?
En 7 anos ningunha desas profecías cumpriuse xa que os cambios da LOMCE non afectaron negativamente ao ensino concertado. Pola contra, si permitiu que centros moi concretos, poderosos economicamente, puidesen separar ao alumnado por cuestión de xénero e, sobre todo, que algunha Comunidade Autónoma puxese chan público a disposición do sector. En que beneficiou a LOMCE aos centros concertados máis pequenos e máis comprometidos socialmente? 
Así pois, estaremos atentos aos próximos movementos dos verdadeiros representantes e defensoresdo ensino concertado. Ante a apocalipse que nos anuncian, non cabería esperar menos que unha folga xeral no sector. É o que faría calquera organización sindical que mostrase un rexeitamento tan contundente a unha Lei educativa. Sobre o papel é fácil verter calumnias contra quen discrepa e escribir medias verdades. Convocarana?