CCOO asina as táboas salariais do VII Convenio Colectivo de Ensino Concertado

CCOO asinou as táboas salariais para 2020 e 2021 no marco da negociación do VII Convenio Colectivo do sector de Ensino Concertado. O acordo representa un incremento sobre todos os conceptos retributivos dun 2% para 2020 e dun 0,9% para 2021. 

Ditas subidas son a ratificación dos acordos aos que o sindicato chegou no ámbito da función pública e que permiten a todo o persoal seguir gañando poder adquisitivo.