TE RETRIBUCIONS CONCERTADA 2022 XANEIRO

Xa se asinaron as táboas salariais de 2022 para todos os traballadores do ensino concertado. A súa entrada en vigor producirase unha vez publicadas no BOE e terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro. A Consellería de Educación xa aplicou nas nóminas de xaneiro do profesorado en pago delegado, os incrementos establecidos. Para o persoal en pago non delegado … Ler máis

CCOO solicita ter unha xuntanza coa Consellería de Educación

En CCOO volvemos solicitar unha reunión co director xeral de Centros e Recursos Humanos para trasladarlle as demandas pendentes dos traballadores e traballadoras do ensino concertado. Despois de doce anos de bloqueo e supresión de dereitos, entre os que cabe salientar o Acordo de mantemento de emprego, a paga de antigüidade, a xubilación parcial, a equiparación salarial, a redución de xornada lectiva ao profesorado de
secundaria, etc., transcorreu máis dunha década desde os últimos acordos asinados coa Administración. Daquela gobernaba o bipartito.

Neste longo período producíronse transformacións que é necesario resolver na negociación tripartita (traballadores, Administración e patronais). Necesidade que en Galicia se volve máis urxente porque esta comunidade retrocedeu respecto das condicións que se aplican no ensino concertado do resto do Estado.
Somos a única comunidade en que non existe un só acordo que mellore as condicións dos traballadores do sector.

Seguimos apelando ao diálogo e a negociación. Gustaríanos topar máis receptividade e disposición da Administración da manifestada ata o de agora.

Propostas sobre a xornada do persoal docente e do persoal complementario titulado (VII Convenio E.Concertado)

A sinatura do VII Convenio colectivo representa para CCOO a posibilidade de expor na Comisión Técnica, que empezará os seus traballos en breve, as propostas en materia de xornada do persoal docente e do persoal complementario titulado que recolliamos na nosa plataforma reivindicativa, froito das achegas realizadas no seu momento pola nosa afiliación.  As nosas principais reivindicacións son: Artigo 25. … Ler máis

CCOO solicita a convocatoria da Comisión Técnica de traballo e da Mesa Negociadora do VII Convenio Colectivo (Ensino Concertado)

O pasado 27 de setembro publicábase no BOE o VII Convenio Colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos, despois da firma do mesmo xusto antes do período estival. A disposición transitoria cuarta recolle: “Os asinantes do Convenio comprométense a constituír unha comisión técnica de traballo que se reunirá periodicamente e que estará formada polos … Ler máis

CCOO esixe o cumprimento das previsións legais pendentes que afectan ao ensino concertado

Pasaron máis de 15 anos desde que a LOE mandatase varias normas, non modificadas pola LOMCE nin pola LOMLOE, que afectan á regulación, ao financiamento, aos recursos humanos e ás condicións laborais do profesorado e do persoal complementario e de administración e servizos dos centros concertados, e que seguen sen aplicarse. Por iso CCOO esixe: Ao Ministerio de Educación O … Ler máis

CCOO esixe a estabilización dos cadros de persoal 
no ensino concertado

Despois de 35 anos de vixencia do real decreto de concertos, a xurisprudencia do Tribunal Supremo consagrou, na práctica, un único criterio para concertar: ter unha ratio alumnado/unidade igual ou superior á dos centros da súa contorna. Un criterio perverso, porque supón que os centros susceptibles de perdela son os que teñen unha ratio inferior, xeralmente os localizados en ámbitos … Ler máis

CCOO asina o VII Convenio Colectivo

Logo do asinamento do preacordo o pasado mes de abril, CCOO asinou o VII Convenio Colectivo de Ensino Concertado. O novo texto recolle algunhas das demandas expostas por CCOO na súa plataforma reivindicativa así como os acordos sobre rexistro de xornada e saídas que subscribimos no seu momento. As melloras introducidas permiten avanzar nas condicións laborais das persoas traballadoras do sector.

VII CONVENIO COLECTIVO DE ENSINO CONCERTADO. Xuntanza do 30 de abril

Na reunión mantida este 30 de abril, as organizacións patronais presentaron a proposta que se detalla a seguir coa intención de asinar un preacordo previo ao asinamento do VII Convenio Colectivo. CCOO inicia desde este mesmo momento o proceso interno de consultas á afiliación para determinar a nosa posición ao respecto.