TE RETRIBUCIONS CONCERTADA 2022 XANEIRO

Xa se asinaron as táboas salariais de 2022 para todos os traballadores do ensino
concertado. A súa entrada en vigor producirase unha vez publicadas no BOE e terá
carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro. A Consellería de Educación xa aplicou nas
nóminas de xaneiro do profesorado en pago delegado, os incrementos establecidos.
Para o persoal en pago non delegado haberá que estar atentos ao momento no que o
fan porque se poden xerar atrasos.

Sinalar que se crearon por primeira vez táboas salariais específicas para o profesorado
que imparte en 1º e 2º da ESO sen pago delegado.

Os incrementos aplicados son:
● 2,95% para as categorías referenciadas ao SMI, sobre todos os conceptos retributivos.
● 2% para o resto das categorías e sobre todos os conceptos retributivos.

 

Información completa RevistaTE