Recomendacións de CCOO ao Consello Escolar do Estado

Este 13 de decembro celebrouse o Pleno do Consello Escolar do Estado coa finalidade de aprobar o informe 2022 sobre o estado do sistema educativo. Ano tras ano, CCOO vén formulando unha serie de propostas de mellora no ámbito do ensino concertado que acaban sendo incorporadas no informe anual. Este ano fixemos unha serie de recomendacións, que se relacionan a continuación, na nova ampliada.

Acordo para que a subida salarial da función pública se aplique sobre o persoal docente en pagamento delegado

CCOO  decide  aceptar  a  proposta  do  Goberno  de  España  en  materia  salarial  para  incrementos retributivos no ámbito da función pública para o período 2022-2024. Eses incrementos terán incidencia directa sobre o persoal docente en pagamento delegado, xa que CCOO asinamos cada un dos acordos sobre  analoxía  retributiva  que  permiten  que  esas  subas  salariais  se  acaben trasladando ao  sector do ensino concertado. 

A Consellería de Educación móstrase receptiva a facilitar un acordo de mantemento de emprego (E.Concertado)

O día 7 de xullo celebrouse unha reunión entre as OOSS (CCOO, UGT CIG FSIE e USO) co Conselleiro de Educación e o Director Xeral co obxectivo de elaborar un Acordo de Mantemento de Emprego (AME). Da xuntanza saímos co compromiso da Conselleria de Educación que contribuiría ao obxectivo de acadar un acordo de mantemento de emprego. 
Dentro de 15 días reuniranse coas patronais para coñecer a súa posición e posteriormente convocarannos a todos para abordar un posible AME.

A consellería de educación comprométese a negociar un acordo de mantemento de emprego no ensino concertado

Na reunión mantida con UGT e CCOO (mañá reunirase coa CIG), conseguiuse o compromiso de comezar en datas próximas a negociación de un Acordo de Mantemento de Emprego para o ensino concertado. Hoxe o  director e a subdirectora Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu aos sindicatos UGT e CCOO, tal como   se acordara no peche do día 23.   Mañá recibirá á CIG … Ler máis