CCOO defende a actualización das táboas salariais do 2022 do ensino concertado

Na reunión mantida este 12 de xaneiro na mesa negociadora do convenio colectivo, CCOO manifestou a necesidade de actualizar as táboas salariais, desde o 1 de xaneiro de 2022, nun 1,5 % adicional, logo da confirmación do Ministerio de Educación e Formación Profesional de que as diferentes partidas dos módulos de concertos educativos se incrementaron nesa porcentaxe.

Ante as reticencias das patronais a revisalas neste momento, solicitouse unha reunión de todas as organizacións que integran a mesa negociadora para que o Ministerio de Educación nos aclare distintos aspectos dos módulos económicos relativos aos anos 2022 e 2023.

Así mesmo, fixouse unha nova reunión da comisión negociadora para o 7 de febreiro na que, en caso de que se publicasen para esa data o novo smi e os orzamentos xerais do 2023, CCOO propoñerá tamén o asinamento das táboas salariais para este ano.

 

 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS