Repercusión do acordo salarial co Goberno para o persoal do ensino concertado

CCOO decide aceptar a proposta do Goberno de España en materia salarial para incrementos retributivos no ámbito da función pública para o período 2022-2024. Eses incrementos terán incidencia directa sobre o persoal docente en pagamento delegado, xa que CCOO asinamos cada un dos acordos sobre analoxía retributiva que permiten que esas subas salariais se acaben trasladando ao sector do ensino concertado.

Froito do acordo, ratificado por CCOO e sobre o que sindicatos como USO ou FSIE non teñen a máis mínima capacidade legal de intervención por falta de representatividade nese ámbito, o profesorado do ensino concertado beneficiarase de importantes incrementos salariais ata 2024. Unha vez se realicen as modificacións legais necesarias, que CCOO esixirá de maneira inmediata ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, a Administración estará en disposición de aboar, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro, un 1,5 % adicional ao 2 % que xa se viña percibindo.

Di solito trovo quello che mi serve da Google. Se desideri acquistare un orologio di recente, puoi trovare rolex replica economici su Google

ANO

2022

2023

2024

TOTAL

INCREMENTO SALARIAL

3,5%

2,5% + 0,5% variable con IPC + 0,5% variable con PIB

2% + 0,5% variable con IPC

8% + 1,5% variable

 

Nun contexto de grande incerteza económica e política, conseguimos un incremento salarial real acumulado que en tres anos pode chegar ao 9,80 %, en función da evolución do IPC (inflación) e do PIB (produto interior bruto). Os conceptos variables ligados co IPC cobraranse se a alza de prezos acumulada desde 2022 ata o ano de revisión supera os incrementos salariais fixos pactados, algo que, en vista da evolución da inflación, se acabará producindo.

 

SIMULACIÓN DE APLICACIÓN DO ACORDO CON DIFERENTES SALARIOS

2021

2022

2022 CON ACORDO

PARA PERCIBIR POR CADA MES DE ATRASO

2023

2024

% INCREMENTO TOTAL

1.300,00

1.326,00

1.345,50

19,5

1.392,59

1.427,41

9,80%

1.700,00

1.734,00

1.759,50

25,5

1.821,08

1.866,61

9,80%

2.000,00

2.040,00

2.070,00

30

2.142,45

2.196,01

9,80%

2.500,00

2.550,00

2.587,50

37,5

2.678,06

2.745,01

9,80%

 

No momento en que se modifiquen os módulos de concerto, CCOO esixirá a convocatoria da mesa negociadora do convenio para poder trasladar os incrementos ao PAS e ao persoal complementario.