Avalado o acordo salarial nas Administracións Públicas

Comisións Obreiras, primeiro sindicato do conxunto das administracións públicas, decidimos aceptar a proposta do Goberno de España en materia retributiva para incrementos salariais no trienio 2022-2024. Asemade, acordamos unha serie de temas prioritarios a negociar nas próximas semanas para chegar a un acordo inmediato.

Despois de dous anos sen posibilidade de negociación, conseguimos que o Goberno volva á senda do acordo salarial. Nun contexto de gran incerteza económica e política, conseguimos mitigar a perda do poder de compra das traballadoras e dos traballadores das administracións públicas (e as empresas concertadas), cun incremento salarial acumulado que pode chegar ao 9,80% en tres anos.

ANO202220232024TOTAL
INCREMENTO SALARIAL3,5%

2,5% + 0,5% variable con IPC

+ 0,5% variable con PIB

2% + 0,5% variable con IPC8% + 1,5% variable

 

Os conceptos variables co IPC cobraranse se o IPC harmonizado acumulado desde 2022 ata o ano de revisión supera os incrementos salariais fixos pactados. No contexto actual está garantizado o cobro desta porcentaxe.

O concepto variable ligado ao PIB nominal é algo máis complicado de conseguir que o anterior, pero liga a riqueza do país ao traballo desenvolvido polas e os empregados públicos. Respecto a 2022, é a primeira vez que conseguimos revisar o salario aprobado, e os atrasos correspondentes desde xaneiro cobraranse dunha soa vez antes de que finalice este ano.

Exemplos da aplicación do acordo

OUTRAS MEDIDAS LABORAIS

O acordo inclúe as seguintes medidas das cales iniciamos unha negociación inmediata co obxectivo de chegar a un acordo nas próximas semanas para:

  • Eliminar as limitacións que impiden a negociación e implantación dunha xornada ordinaria de 35 horas en lasAA. PP. Buscaremos ter unha ferramenta que nos permita conseguir as 35 horas naquelas administracións públicas que sigan con 37,5 horas semanais.

  • Aplicar plenamente a clasificación profesional do artigo 76 do TREBEP. Buscaremos conseguir que o redactado respecte as lexislacións sectoriais para levar ao grupo B a todas as categorías que esixen a titulación de técnico de Grao Superior, o que implica unha importantísima subida retributiva.

  • Derrogar as medidas de axuste vixentes do RDL 20/2012, entre as que se inclúe a posibilidade da xubilación parcial nas administracións públicas e a limitación á acción das organizacións sindicais.

  • Limitar o dano que a taxa de reposición está a causar en servizos considerados non esenciais. Por exemplo, no persoal de administración e servizos das universidades públicas, que teñen servizos absolutamente constrinxidos pola falta de contratación de persoal.

  • Conseguir que todas as traballadoras das administracións estean protexidas pola lexislación en materia de igualdade.

  • Impulsar a dixitalización e o teletraballo mediante o diálogo social.

  • Acordar os sistemas de selección, a promoción interna e a planificación do persoal das AA. PP., así como a coordinación colaborativa con todas as administracións para a atracción e retención do talento.