Logo do acordo salarial nas Administracións públicas, CCOO considera imprescindible realizar as adecuacións legais necesarias para aboar os incrementos previstos no 2022 ao persoal docente en pagamento delegado e ao resto das persoas traballadoras do sector do ensino concertado.
Así mesmo, deberán revisarse os módulos económicos dos concertos educativos no 2023 para todos os niveis, co fin de garantir os mesmos incrementos salariais ca os acordados no ámbito da función pública.
Para iso, a Federación de Ensino de CCOO rexistrou unha solicitude de convocatoria urxente da Mesa Estatal de Ensino Concertado, para que todas as organizacións sindicais e patronais representativas do sector poidan acometer e consensuar, xunto co Ministerio de Educación e Formación Profesional, as medidas necesarias para lograr os devanditos fins.
CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS