Celebráronse os xuízos dos dous conflitos colectivos en defensa do XV Convenio

Este 4 de outubro celebráronse na Audiencia Nacional os xuízos polas demandas presentadas por CCOO para reclamar, por un lado, a aplicación do artigo 32 respecto á revisión salarial de 2022 e, por outro, que os complementos extrasalariais e os considerados no convenio colectivo como non absorbibles e non compensables non computen para os efectos da aplicación do SMI.

 

Logo de finalizar o xuízo sobre o artigo 32, o xuíz comunicoulles ás organizacións sindicais e patronais que, en caso de non chegaren a un acordo sobre esta cuestión antes do 11 de outubro, ditará sentenza.

 

CCOO sempre mostrou a súa predisposición a negociar e acordar, pero non a calquera prezo. Nesta ocasión non vai ser diferente, volveremos a explorar todas as vías necesarias en defensa dos intereses dos traballadores e das traballadoras do sector. Por iso CCOO esixe a convocatoria, con carácter de urxencia, da mesa negociadora do XVI Convenio Colectivo para o próximo 10 de outubro.

 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS