Desde o sindicato propuxemos:
TÁBOAS SALARIAIS 2022
Incremento adicional do 1,5 % para tódalas categorías e sobre tódolos conceptos retributivos, dende o 1 de xaneiro de 2022.
Tralo acordo alcanzado por CCOO co Ministerio de Traballo para subir o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) ata os 1080 € en catorce pagas en 2023, proporemos o seguinte:
TÁBOAS SALARIAIS 2023
Incremento do 2,5 % sobre as táboas xa actualizadas de 2022, para tódalas categorías e sobre tódolos conceptos retributivos, dende o 1 de xaneiro de 2023.
Medidas para evitar a absorción do complemento de antigüidade (trienios) naquelas categorías que queden, despois de aplicar os incrementos, con salario base por baixo dos 1080 €.
A seguinte reunión celebrarase o próximo 23 de febreiro.