CCOO esixe o cumprimento das previsións legais pendentes que afectan ao ensino concertado

Pasaron máis de 15 anos desde que a LOE mandatase varias normas, non modificadas pola LOMCE nin pola LOMLOE, que afectan á regulación, ao financiamento, aos recursos humanos e ás condicións laborais do profesorado e do persoal complementario e de administración e servizos dos centros concertados, e que seguen sen aplicarse. Por iso CCOO esixe:

Ao Ministerio de Educación

  • O cumprimento do previsto no artigo 116.3 polo que debe elaborarse unha nova norma básica de concertos educativos. O actual  RD de Concertos, de 1985, é a norma educativa máis antiga en vigor e, entre outras cuestións, crea riscos de mantemento do concerto para os centros que adquiriron un maior compromiso social, á vez que provoca uns desmesurados cocientes alumnado/unidade (un 14,4% en Infantil ou un 18,7% máis en Primaria), que dificultan a docencia e recargan as condicións laborais no sector.
  • O cumprimento do previsto na  Disp. Adicional 29ª.2 sobre fixación do importe dos módulos. A última vez que se reuniu a comisión encargada de facelo, para garantir a gratuidade real do ensino nos nosos colexios, foi en 2010.   

 

Ás Consellerías das Comunidades Autónomas

  • O cumprimento do disposto no art. 117.3 para que se fixen con criterios análogos aos dos centros públicos, as partidas para gastos do persoal complementario e de administración e servizos, e permita a creación de complementos autonómicos en todas elas.
  • O cumprimento do disposto no art. 117.4 sobre equiparación salarial co profesorado do ensino público, irreal na maioría de Comunidades en canto a porcentaxe e sexenios.
  • O cumprimento do disposto no art. 72.2 sobre recursos para atender adecuadamente ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que indica que os criterios para determinar as dotacións serán os mesmos para os centros públicos e concertados. 

 

A Federación de Ensino de CCOO vai reclamar ás distintas autoridades educativas o tratamento destas cuestións e iniciará as accións necesarias para que aspectos tan importantes para as traballadoras e traballadores se cumpran.

 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS