Capítulo I – Orzamentos 2022 e Lei de Medidas Fiscais e Administrativas
O 15 de outubro de 2020, tivo lugar a xuntanza da mexa xeral extraordinaria de empregados públicos, na que se trataron os seguintes puntos.
Como primeira cuestión denunciamos o incumprimento da boa fe negocial, tanto polas formas (remi- tiuse parte da documentación con menos de 24 horas de antelación), como polo fondo (nula intención de negociar xa que o anteproxecto de orzamentos será aprobado o vindeiro luns polo Consello da Xunta e enviado ao Parlamento para a súa tramitación o día 20). Isto evidencia a falta de respecto que ten a Consellería de Facenda coa representación legal dos traballadores/as, especialmente sobre un tema transcendental como é o capitulo I dos orzamentos, que afecta as retribucións, a OPE e as futuras nego- ciacións que teñan implicacións orzamentarias. Polo tanto, desde CCOO esiximos que se aporte a docu- mentación necesaria e ademais desagregada por sectores (educación, sanidade, xustiza, administración xeral,…) e que se dea o tempo suficiente para analizala. A resposta que se nos dá e do máis surrealista: que non hai problema en mandar esa documentación pero que este anteproxecto será aprobado o vin- deiro luns polo Consello da Xunta e enviado a o Parlamento o día 20 para a súa tramitación lexislativa.
1.- Estudo do anteproxecto da lei de orzamentos para o ano 2022: incremento masa salarial.
Desde CCOO destacamos, da información aportada, as seguintes cuestións:
− Aplicación do incremento xeral do 2%, tal como establecen os orzamentos xerais do estado. Para CCOO é inaceptable este incremento porque non continúa a senda de recuperación de poder adquisitivo do anterior acordo, porque reduce a capacidade de compra de máis de 3,5 millóns de empregados públicos (150.000 en Galicia) e porque non está en congruencia co recoñecemento do papel asumido polos traballadores públicos durante a pandemia en servizos como a sanidade, educación, servizos sociais, SEPE, xustiza… . Non é de recibo candoaprevisiónmáisoptimistarondaunincrementodoIPC porribado4%afinaisdeanoemáisaltapara 2022. En definitiva, de novo imponse unha redución do poder adquisitivo dos empregados públicos xa que aos 10 puntos porcentuais perdidos nos últimos anos por mor de varias conxelacións e recortes, engadese a eiva de que non se ve por ningún lado unha cláusula de revisión que actuase de elemento corrector ante unha máis que previsible desviación á alza do IPC. Esta claro que, para os nosos gobernantes, unha cousa é aplaudir o labor dos traballadores públicos (todos os días durante a pandemia) e outra moi distinta garantir os seus de- reitos e retribucións.
−
− −
–
– –
15 de outubro de 2021
Non se elimina a taxa de reposición para poder recuperar emprego neto, reducir dunha vez por todas a temporalidade e garantir o relevo xeracional dos cadros depersoal dunha administración como a da Xunta de Galicia cunhas medias de idade elevadas. Consideramos que cada CCAA debe poder convocar as prazas que sexan necesarias para unha mellor prestación dos servizos públicos en función da súa suficiencia financeira e sen outra limitación. A única novidade positiva é que se recolle a posibilidade de incluír as vacantes que se produciran no exercicio en que se aproba a OPE, sempre que esta sexa apro- bada no primeiro semestre do ano 2022
Conversión das prazas dos fixos-descontinuos, de 9 a 12 meses, tal como estaba xa acordado. O Director Xeral de Orzamentos confirma que hai reservada unha partida orzamentaria para facer fronte ao gasto que supón o pase de 9 a 12 meses do persoal fixo-descontinuo e que no momento en que estean modi- ficadas as RPT esa partida será activada.
Poren, a noticia negativa é que non se contempla ningunha partida para facer fronte ao pago dos dous mesesdeverándas persoassubstitutasquetraballarancincomesesemediooumáis,talcomorecolle o acordo de interinos do ámbito da Consellería de Educación.
Por último, desde CCOO esiximos que se continúe co desenvolvemento da carreira profesional para o persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia xa que a escusa de que o tema está “sub iudice” non nos vale e porque os empregados públicos desta Administración non teñen por que ser os paganos da irresponsabilidade de quen presenta demandas sen ter en conta as consecuen- cias das mesmas.
Por outra banda, confírmase a continuidade das medidas de recortes e regresivas aplicadas xa en anos anteriores
Non se derroga a lei 1/2012, a pesar de ser extemporánea a súa vixencia. Non esta prevista dotación orzamentaria para recuperar dereitos recortados.
Non se prevé dotación orzamentaria para acabar coa a discriminación que supón para o persoal funcionario o recorte que se mantén nas pagas extra.
– Non se prevé dotación orzamentaria para implementar un acordo plurianual para ir recuperando as restantes axudas do FAS, que seguen suspendidas
– Non se prevé dotación orzamentaria para negociar un novo acordo de xubilación parcial con remuda tamén extensivo para o persoal funcionario
– Non se prevé dotación económica para estender a segunda actividade a aqueles colectivos cunha es- pecial penosidade no desenvolvemento do seu traballo (ex. gardacostas, política social, …)
-
Non aparece por ningún lado a xornada de 35 horas ou se cadra unha posible redución da xornada máxima anual (cando desde a empresa privada xa hai algún exemplo de xornada semanais de catro días laborables, na Xunta de Galicia miran para outro lado).
2.- Estudio do anteproxecto da lei de medidas: materia de persoal.
Outro ano máis a Consellería de Facenda, aproveita a Lei de Acompañamento dos orzamentos para modificar máis de 20 artigos da Lei de Emprego Público de Galicia. Sen negociación, practicamente sen participación e de xeito unilateral. Posiblemente, a LEPG necesite unha reforma e actualización, pero para iso cómpre constituír a mesa de negociación correspondente e poñernos a traballar. Non é admisible esta fórmula da modificación unilateral ano tras ano. Desde CCOO consideramos un grave erro a actitude mantida pola administración, ao instalarse no negacionismo absoluto, en vez de buscar os consensos necesarios para facer as melloras pertinentes na lei de emprego publico de Galicia, que cabe recordar foi imposta unilateralmente no seu día, sen ningún apoio sindical.
En calquera caso, non aceptaron ningunha das alegacións presentadas, mesmo aquelas outras que non teñen custo económico. Por exemplo:
-
– Arranxar a desfeita realizada, por eles mesmos, na creación da escala de Bombeiros Xefes de Brigada.
-
– Incrementar a porcentaxe mínima de promoción interna (mínimo 50 %) nas convocatorias de probas selectivas para o acceso á función pública ou a posibilidade de promocionar do C1 ao A1 sen necesidade de pasar polo subgrupo A2 de acordo coa regulación establecida no artigo 18 do texto refundido da Lei
do estatuto básico do empregado público.
– Permitir a superior categoría no ámbito do persoal funcionario, tendo en conta a próxima funcionari-zación de todo o persoal laboral, en particular aquelas categorías queteñen dificultades para ser cubertas
por listas de contratación temporal (Médicos, DUE,etc.)
– Permitir a promoción interna temporal, igual que no SERGAS.
– Crear o grupo C2 de Auxiliares de Estradas, para facilitar a promoción interna, a futuro,a aqueles traballa-dores/as, que na actualidade non teñan a titulación para acceder ao grupo C1.
– Tampouco aceptan crear a Escala de Axudantes Técnicos Educativos nin a Escala deEnxeñaría Informática,aínda que eles propoñen a creación de catro novas escalas.
– Manteñen a cláusula que regula a chamada “interinización”, aspecto que CCOO rexeita porque xerainseguridade xurídica e porque hai formulas dentro da propia Administración da Xunta para resolver este problema sen necesidade de acudir ao cambio de vínculo xurídico do traballador de laboral tempo- ral a funcionario interino. Tan fácil como manter a esa persoa como laboral ocupando un posto de fun- cionario ata a celebración do correspondente proceso selectivo.
– Establecen unha interpretación restritiva e discriminatoria para a consolidación de grao do persoal
laboral funcionarizado. Desde CCOO xa anunciamos que de manterse a redacción procederemos á súa
impugnación vía xudicial.
– Como aspectos positivos, habilitase a posibilidade de convocar os procesos de funcionarización que sexan
necesarios ao retirar a expresión “por unha soa vez” da Disposición Transitoria Primeira e están dispostos a incluír a creación dalgunha outra escala (ex. Educadores Infantís) e modificar algunha outra. Tamén se modi- fica a norma para que o persoal laboral funcionarizado poida participar na promoción e nos concursos que se convoquen xa como persoal funcionario sen necesidade de ter que esperar os dous ano que esixe a LEPG para os funcionarios de carreira. Por último, en materia de listas de contratación implántase algunha medida para paliar a situación que se produce cando non hai aspirantes en determinadas listas (fundamentalmente catego- rías sociosanitarias) e prorrogan durante o ano 2022 as medidas especiais COVID que xa estaban en vigor ata agora.
3.- Rogos e preguntas: O DXFP informa:
a) CONCURSO CORPOS XERAIS. – Que se están estudando e resolvendo as reclamacións presentadas,
que van moi avanzados pero que non pode estimar unha data concreta de resolución
b) PLAN DE IGUALDADE. – Que neste mes pretenden pechar o regulamento de funcionamento da comisión negociadora así como a análise do diagnóstico.
c) OPE INCENDIOS E FUNCIONARIZACIÓN. – Que os exames da OPE e da funcionarización das catego- rías do SPIF terán lugar previsiblemente na segunda quincena de novembro.
d) RPT CONSORCIO E RPT FUNCIONARIZACIÓN POLITICA SOCIAL – Anunciou que estes dous temas traeranse á negociación nos próximos días. Tamén informa que non hai ningunha paralización dos procesos selectivos neste ámbito.