Intervención Mesa Sectorial 19 de outubro de 2021 (en vermello as contestacións da Consellería)
-
Orde pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da administración educativa e inspectores de educación.
CCOO esixe:
-
Ofertar o máximo número de vacantes para intentar paliar a duración do tempo de provisionalidade. Cubrir as vacantes ofertadas recurrentemente no CADP sen propietario definitivo.
-
No corpo de mestres deben ofertarse as vacantes existentes en catálogo e facilitar as do 1º ciclo da ESO para que sexa efectiva a mobilidade entre os mestres con destino neste ciclo. ESTUDIARÁN O TEMA PERO CADA VEZ HAI MENOS MESTRES NESTE CICLO.
-
No corpo de secundaria, reclamamos que as vacantes se definan con criterios obxectivos (os mesmos que en 2018). Deben enviarse instrucións claras ás xefaturas territoriais acerca da obriga de negociar as vacantes, así como, poder coñecelas con tempo suficiente para contrastar cos centros e profesorado. ACEPTAN. ESTÁN A FAVOR DE QUE SE CUMPLAN OS CRITERIOS OBXECTIVOS QUE SE EMPREGARON EN 2018 E TRASLADARANLLO ÁS XEFATURAS TERRITORIAIS.
-
CC.OO demanda que o concurso sexa aberto para aquelas CCAA que reciprocamente o abran para as e os docentes galegos. CONVOCAN PECHADO POLA CONVOCATORIA IMPORTANTE DE PRAZAS NA OPE 2020 E NÚMERO DE ESPECIALIDADES CONVOCADAS. A INTENCIÓN É COLOCAR AOS FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS, SOBRE TODO EN ESPECIALIDADES MOI REDUCIDAS.
-
As vacantes provisionais deben publicarse simultaneamente nas datas de presentación da convocatoria. As vacantes definitivas deben coñecerse antes ou simultaneamente coa publicación da resolución provisional. ACEPTAN. ESTUDIARÁN O ESTABLECEMENTO DUN CALENDARIO DE NEGOCIACIÓN E PUBLICACIÓN.
-
Reclamamos que se incorporen prazas de AL (61) nos catálogos de IES e CPI. NON ACEPTAN.
-
Demandamos que os vogais que entran no sorteo para constituír a comisión de avaliación de publicacións e méritos artísticos e literarios deben limitarse a aqueles que non participan no CXT. ACEPTAN. XA O ESTÁN A FACER.
-
Reclamamos o establecemento dunha data de resolución provisional e outra definitiva das puntuacións. NON ACEPTAN.
No BAREMO esiximos:
-
Que os participantes que tiveron destino provisional ou teñen o seu destino definitivo en centros de especial dificultade vexan recoñecidos tales servizos de oficio. Valoramos a posibilidade de que a puntuación non fose consumible. ANALIZARANNO.
-
Incluír como baremable o premio extraordinario nos mestrados.
-
Incluír na puntuación como dirección os servizos prestados como responsables de centros de menos de tres unidades.
-
Eliminar o límite a 5 puntos da puntuación por outras funcións que non sexan directivas.
-
Incluír outras asesorías e coordinacións que non aparecen como a coordinación da bolsa de emprego (FP) en outras funcións docentes. NON ACEPTAN. CONSIDERAN QUE APARECEN TODAS AS QUE TEÑEN QUE APARECER.
-
Solicitamos que se puntúe a función titorial a aqueles docentes substitutos que realizan esta función. NON ACEPTAN.
-
Reclamamos que sexan obxecto de baremación publicacións de programas do Ministerio de Educación con ISBN e NIPO deixáronse sen puntuar por non ter depósito legal, ao igual que revistas extranxeiras. REVISARÁN ESTE TEMA.
-
Detallar a puntuación de forma clara que se obtén pola participación, coordinación e impartición en cada actividade de innovación educativa.
-
Solicitamos a eliminación de puntuación por desempeñar postos na administración.
-
A puntuación pola participación en tribunais de procedementos selectivos debera puntuarse non só no caso dos tribunais a partir da LOE.
-
Solicitamos que os apartados 4.3 e 6.6 non sexan incompatibles unha vez xa completado o apartado máis beneficioso para o concursante.
-
Solicitamos que se puntúen as titorías de CAP, titoría de funcionarios en pŕacticas e titorías de titulacións anteriores á entrada en vigor do sistema de graos e másteres.
-
Solicitamos que se puntúe o máster de profesorado de secundaria aos mestres que o presenten.
-
Reclamamos a puntuación dos certificados de Idiomas obtidos fóra das EOI.
RESPECTO AO BAREMO COMENTAN QUE AS MODIFICACIÓNS NON AS VALORAN DADO QUE, AÍNDA QUE SEXA ESTE ANO UN CONCURSO AUTONÓMICO, NON VAI HABER UN CONCURSO XERAL CON UN BAREMO E OUTRO ANO, DE CARÁCTER AUTONÓMICO, UN BAREMO DIFERENTE.
-
Concurso DO Primaria
CCOO demanda:
-
Esiximos negociar e coñecer a rede de Orientación de Galicia. Os centros adscritos ao centro base deben coñecerse con anterioridade ao concurso e nos casos que os modifiquen a posteriori debe ofertarse a posibilidade de supresión. NON ACEPTAN. CONSIDERAN QUE A PROPIA REDE É O CONCURSO ESPECÍFICO DE ORIENTACIÓN, ENTENDIDA COMO REDE DE CARÁCTER FLEXIBLE.
-
Insistimos na necesidade de que a titulación de licenciatura ou grao sexa requisito en lugar dun mérito. Neses casos non poden pasar probas diagnósticas pola falta de titulación.
-
A posibilidade de participación do profesorado en prácticas. ESTUDIARANO SEMPRE QUE O DECRETO O PERMITA.
-
Reclamamos unha actualización do Decreto de Orientación, de tal forma que sexa obrigatoria a titulación e se posibilite participar a este concurso sen cumprir o prazo obrigatorio de 2 anos do CXT.
-
Reclamamos que se actualicen as titulacións que son requisito para acceder á xefatura de departamento de Orientación.
No referente ao BAREMO:
-
Remitímonos ás alegacións feitas no BAREMO do CXT, coa salvedade de que propomos que no apartado de actividades de formación superadas se incremente a puntuación (0,2 cada dez horas) polas actividades superadas cando estean vencelladas a orientación.
-
Orde modificación centros especial dificultade
CCOO esixe:
-
Debería incorporarse un anexo VI coas aulas hospitalarias nos complexos hospitalarios de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo xa que os postos son análogos a prestar servizos nunha aula unitaria. NON ACEPTAN.
-
No anexo 1 deben incluírse os centros que actualmente teñen só unha unidade. DIN QUE XA O ESTÁN APLICANDO NO CONCURSO EN TANTO QUE SON UNITARIAS.
-
EEI de Sabaxáns (Brión)
-
CEIP Pousada Carcacía (Padrón)
-
CEIP Eduardo Cela Vila (Triacastela)
-
CEIP de Sarreaus
-
CEIP de Vilariño de Conso
-
CEIP de Merza (Vila de Cruces)
-
-
Rogos e preguntas
-
Demandamos establecer un calendario de temas a negociar neste curso.
-
Reclamamos datos de profesorado de cursos anteriores para comprobar as reducións realizadas este curso. ARGUMENTAN QUE PIDAMOS OS DATOS A TRAVÉS DO PROCEDEMENTO DE TRANSPARENCIA
-
Denunciamos un mal uso do profesorado PROA PLUS.
-
Demandamos que se convoque concurso de adultos. NON SE CONVOCA.
-
Solicitamos un listado das unidades de EI e primaria que escolarizan máis de 25 alumnos/as.
-
Solicitamos que a Consellería demande a incorporación nos PXE do cumprimento do pago do verán ao profesorado interino que traballe polo menos 5 ½ meses. NON ACEPTAN.
-
Solicitamos unha explicación sobre a non dotación de profesorado incluído nos cadros de persoal dos centros de infantil e primaria que manteñen as unidades publicadas en DOG.
-
Preguntamos acerca da data de publicación no DOG da Orde de Atención á Diversidade.
-
Solicitamos que se publiquen canto antes as listaxes de interinidades e substitucións do corpo de mestres resultantes do proceso selectivo. PROXIMAMENTE. PT PRETENDÍAN ACTUALIZAR HOXE
-
Solicitamos que se volva abrir lista de mestres en Lingua Francesa (597033) xa que se esgotou a mediados de setembro. ABRIRANA PROXIMAMENTE
-
Esiximos unha redución de rateos máximas por unidade escolar, especialmente en nos tempos actuais de pandemia e de necesidade de manter as distancias interpersoais en espazos pechados.
-
Solicitamos que de cara a futuras convocatorias, ao abeiro da Resolución do 27 de maio de 2021 pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado de centros públicos, se teña en conta a calendarización das probas de certificación das EOI, de tal forma que se permita que esta rede de centros públicos actúen como centros certificadores.
-
Dotación dun segundo orientador/a no IES Manuel Murguía (Arteixo).
-
Esiximos a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Educación, para que o Conselleiro de Educación dea explicacións do requirimento da Inspección de Traballo a raíz da denuncia de CCOO o ano pasado por non ter feitas a avaliación de riscos dos postos de traballo dos centros educativos. INTENTARANO
-
Esiximos, igualmente, a convocatoria e/ou constitución dos comités de cada provincia, xa que tres deles (A Coruña, Lugo, Pontevedra) aínda non están constituídos e levan sen reunirse dende fai anos.
-
Esiximos a dotación de máscaras de protección e máscaras ffp2 a persoal que as precise dos centros de forma centralizada pola Consellería de Educación durante todo o curso. HOUBO UN PROBLEMA NA ADXUDICACIÓN DO CONTRATO O QUE DETERMINOU RETRASOS. ANUNCIAN QUE CHEGARÁN A PARTIR DA SEMANA QUE VÉN
-
No caso concreto do profesorado de AL, obrigados polo protocolo a levar máscaras transparentes, esiximos a dotación centralizada de tales máscaras durante todo o curso por parte da Consellería de Educación.
-
Solicitamos que se dean instrucións aos equipos directivos dos centros sobre como actuar ante familias negacionistas e o non uso da máscara. TRASLADARANO